Infórmate > Agenda de actividades

Agenda de actividades

ATENCIÓN ÁS NECESIDADES BÁSICAS DAS PERSONAS EN SITUACIÓN DE EXCLUSIÓN DE FERROLTERRA.
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

- | ferrol

 

 

 Este servizo pretende mellorar as condicións de vida das persoas, onde ademáis de dar cobertura as situacións de emerxencia social, se proporcione sobre todo unha hixiene axeitada da vestimenta persoal e tamén do fogar.  Vai dirixido a familias que nos dispoñen dos medios suficientes para poder lavar a roupa, a persoas sen fogar que non dispoñen de prendas limpas cando fan uso dos servizos de duchas de Cáritas e tamén a persoas maiores e/ou dependentes que debido as condicións de economía e saúde non poden facerse cargo desta labor. Esto mellorará a imaxe persoal de cara a inserción laboral, a hixiene dos nenos para asistir o centro escolar e como medida preventiva da saúde nas persoas maiores e / ou dependentes. 

 

DIto servizo xurde para complementar tranversalmente outros proxectos que desenvolve a entidade, pero tamén detéctase a demanda existente destos servizos por diferentes colectivos da comarca, véndose incrementada ultimamente. Na cidade de Ferrol e Concellos limítrofes, existen varios recursos que proporcionan a través de diferentes vías manutención,servizo de duchas e aloxamento alternativo, pero nos últimos anos, debido o peche de recursos simiilares o do presente proxexto, a prestación deste servizo e prácticamente inexistente para a maioría dos colectivos.

Para poder realizar este servizo contamos coa axuda económica procedente dunha subvención concedida pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro cofinanciada nun 91,89 % polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.  Esta subvención permitíunos contratar a dous traballadores para realizar as diferentes tarefas encadradas dentro deste servizo como por exemplo, entrega de alimentos, roupa, equipamento básico, secado, pasada de ferro, arranxos, transporte, carga e descarga de doacións, etc.

 

Archivada en:

Infórmate > Agenda de Actividades

MATERIALES RELACIONADOS
Agenda de Actividades
Boletín

Mantente informado/a

Recibe nuestro boletín

Más info  

Alegre 39, Bajo    15401    Ferrol    A Coruña    Tel. 981 358 573    dignidadgalicia@dignidadgalicia.org